A visita dun escritor como Gisbert ao noso instituto, o martes 4 de marzo, encheunos a todos de inquedanza e sorpresa. Tiñamos curiosidade por ver, sobre todo, o seu aspecto, alomenos iso me pareceu a min, e, dende logo, chamou a nosa atención. Era incriblemente parecido a certo personaxe da súa novela El misterio de la isla de Töckland, en concreto a Kazatzkian, un home,digamos, un tanto estraño, curioso... Os ollos do noso autor agachan, tamén, un enorme coñecemento. A súa voz é a voz da experiencia e do exemplo que tomou doutros xenios polos que sinte admiración. E tamén é a voz do imposible feito realidade. É un home soñador, un home para o que non existen límites para descubrir o misterio que se agacha tras a realidade.
O encontro con Gisbert foi moi cómodo, non espertaba a mesma tensión que o seu personaxe ao ler o libro. Sacounos varios sorrisos a cada un de nós ao longo da visita pois a pesares da súa seriedade nótase que é unha persoa agradable e argalleira. Tamén repartíu, a uns poucos afortunados, algún pequeno agasallo. Lamentablemente, faltounos tempo para facerlle todas as preguntas que tiñamos gardadas para el, aínda así poidemos desvelar algunhas curiosidades.
Ao remate da súa visita deixounos, como non podía ser doutro modo, cun sabor de intriga na nosa boca, na nosa cabeza e cunha intensa raiba por non dar coa solución a un dos enigmas que nos propuxo. Pero temos o seus libros para seguir disfrutando e sufrindo o misterio... Chao!

No hay comentarios:
Publicar un comentario