miércoles, 7 de mayo de 2008

Gisbert na Biblioteca Municipal

 

Con motivo da visita de J.M.Gisbert, a rede de Bibliotecas Municipais de Sanxenxo organizou unha exposición dos seus libros como se aprecia na imaxe.Grazas a Rosa e a todo o seu equipo, que poñen entusiasmo e mimo no traballo que realizan.
Posted by Picasa

miércoles, 26 de marzo de 2008

A visita de Joan Manuel Gisbert (Crónica de Andrea Ucha)


A visita dun escritor como Gisbert ao noso instituto, o martes 4 de marzo, encheunos a todos de inquedanza e sorpresa. Tiñamos curiosidade por ver, sobre todo, o seu aspecto, alomenos iso me pareceu a min, e, dende logo, chamou a nosa atención. Era incriblemente parecido a certo personaxe da súa novela El misterio de la isla de Töckland, en concreto a Kazatzkian, un home,digamos, un tanto estraño, curioso... Os ollos do noso autor agachan, tamén, un enorme coñecemento. A súa voz é a voz da experiencia e do exemplo que tomou doutros xenios polos que sinte admiración. E tamén é a voz do imposible feito realidade. É un home soñador, un home para o que non existen límites para descubrir o misterio que se agacha tras a realidade.
O encontro con Gisbert foi moi cómodo, non espertaba a mesma tensión que o seu personaxe ao ler o libro. Sacounos varios sorrisos a cada un de nós ao longo da visita pois a pesares da súa seriedade nótase que é unha persoa agradable e argalleira. Tamén repartíu, a uns poucos afortunados, algún pequeno agasallo. Lamentablemente, faltounos tempo para facerlle todas as preguntas que tiñamos gardadas para el, aínda así poidemos desvelar algunhas curiosidades.
Ao remate da súa visita deixounos, como non podía ser doutro modo, cun sabor de intriga na nosa boca, na nosa cabeza e cunha intensa raiba por non dar coa solución a un dos enigmas que nos propuxo. Pero temos o seus libros para seguir disfrutando e sufrindo o misterio... Chao!

miércoles, 27 de febrero de 2008


Antes de iniciar a súa busca no interior do misterioso labirinto, o noso protagonista é recibido polo mesmísimo Mr Kazatzkian que lle dá a benvida a Tökland. A escea é inquietante debido á capacidade deste home para transfigurar a súa face. A min semellame estar diante dunha figura grotesca, amorfa e cambiante


Tal era la sucesión de mudanzas de su rostro, que evité mirarle directamente para eludir la incómoda sensación de estar hablando con varias personas fundidas en el cuerpo de una sola"

Su cara se inflamó de un modo que me hizo pensar en Nerón contemplando el incendio de Roma.

Ahora su rostro correspondía al de un exaltado visionario que hablase de algo que sólo existía en su mente.

Ahora su rostro parecía una máscara trágica

En fin, curioso personaxe... A vosoutros, que vos parece?

viernes, 15 de febrero de 2008

El misterio de la isla de Tökland


Inauguramos o noso blog do Club de lectura co fin de estarmos sempre en contacto e poder compartir as nosas impresións sobre o libro que estamos a ler. Antonte, o mércores día 13, tivemos a primeira reunión no centro.Nela coñecímonos os membros do club,falamos do libro que imos empezar El misterio de la isla de Tökland e presentamos o blog. Unha mágoa que non tivesemos sacado algunha foto para colgar aquí!
AQUÍ COMEZA A NOSA AVENTURA!
Leo os primeiros capítulos onde unha misteriosa compañía convoca á xente aventureira a participar nun concurso internacional. Nel seleccionaranse aos candidatos a enfrontarse ao máis fabuloso e perigoso enigma mútiple de todos os tempos que está situado na illa de Tökland. Aínda que o narrador afirma que a illa existe realmente, non sei si é verdade. Debo fiarme del? Disque a illa está no Océano Índico, pero... onde?
Poderiades axudarme a resolver esta dúbida?
Para acompañarvos na vosa busca aí vai un atlas. Boa viaxe!

http://go.hrw.com/atlas/span_htm/world.htm